Warumpi Band
Warumpi Band | |
---|---|
Orixe | Papunya, Territorio do Norte, Australia |
Período | 1980–1987, 1995–2000 |
Xénero(s) | country australiano, blues rock e música indíxena australiana |
Selo(s) discográfico(s) | Hot, Powderworks/RCA, Festival/Parole, CAAMA/Shock |
Membros | George Burarrwanga Gordon Butcher Sammy Butcher Neil Murray |
Na rede | |
Warumpi Band foi un grupo musical de country e rock aborixe australiano que se formou en Papunya, Territorio do Norte en 1980. Os membros orixinais foron George Burarrwanga na voz e no didgeridoo, Gordon Butcher na batería, o seu irmán Sammy Butcher na guitarra e no baixo, e Neil Murray na guitarra rítmica e nos coros. Os seus sinxelos de máis sona foron "Jailanguru Pakarnu" (1983), "Blackfella/Whitefella" (1985), "Sit Down Money" (1986), "My Island Home" (1987) e "No Fear" (1987). O grupo lanzou tres álbums, Big Name, No Blankets (1985), Go Bush! (1987) e Too Much Humbug (1996). Dende 1987 até mediados de 1995 o grupo fixo poucas actuacións xa que Murray estaba centrado na súa carreira en solitario. A partir de 1995, Christine Anu (que era corista do grupo de Murray, The Rainmakers), fixo a súa versión de "My Island Home". Warumpi Band reagrupouse no ano 1995 e separáronse en 2000. Burarrwanga morreu o 10 de xuño de 2007 de cancro de pulmón.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Big Name, No Blankets (Powderworks Records/RCA, abril 1985)
- Go Bush (Festival/Parole, abril 1987)
- Too Much Humbug (CAAMA/Shock, abril 1996)